WebLog de Fernando Fraga |
|
|
O inicio dun novo camiño![]() Estes días vivín un novo acontecemento que este Blog, pola súa temática, non pode pasar por alto: a miña incorporación ao grupo de investigación Stellae e a oportunidade de participar no desenvolvemento das investigacións que ten en marcha. A verdade é que inicio un novo camiño cheo de ilusión. O traballo de doutoramento, aínda que en pleno proceso, pide algo máis, pide a complementariedade coa acción, o intento de buscar aplicación e retroalimentación co mundo real. Penso que formar parte dun grupo de investigación pódeme ofrecer esa posibilidade, ademais dunha nova oportunidade de aprendizaxe. Estes días, reflexionando sobre o tema, viñan ao meu pensamento os recordos das soidades do desenvolvemento do doutoramento (foron varias as anotacións de Blog nese sentido). Pero compre puntualizar: a soidade de non ter compañeiros no mesmo proceso, porque por outra banda sempre hai quen estivo ahí. Intentarei dar conta dos acontecemos. Comentarios » Ir a formulario
Congratulations! deber ser todo un reto y seguro que si te lo han ofrecido es porque han visto un buen compañero para agregar al grupo.Felicidades.
Fecha: 25/01/2007 19:20. |
TemasArchivos
Enlaces
|