Blogia
WebLog de Fernando Fraga

O inicio dun novo camiño

O inicio dun novo camiño

Estes días vivín un novo acontecemento que este Blog, pola súa temática, non pode pasar por alto: a miña incorporación ao grupo de investigación Stellae e a oportunidade de participar no desenvolvemento das investigacións que ten en marcha.

A verdade é que inicio un novo camiño cheo de ilusión. O traballo de doutoramento, aínda que en pleno proceso, pide algo máis, pide a complementariedade coa acción, o intento de buscar aplicación e retroalimentación co mundo real. Penso que formar parte dun grupo de investigación pódeme ofrecer esa posibilidade, ademais dunha nova oportunidade de aprendizaxe.

Estes días, reflexionando sobre o tema, viñan ao meu pensamento os recordos das soidades do desenvolvemento do doutoramento (foron varias as anotacións de Blog nese sentido). Pero compre puntualizar: a soidade de non ter compañeiros no mesmo proceso, porque por outra banda sempre hai quen estivo ahí.

Intentarei dar conta dos acontecemos.

1 comentario

teacherchus -

Congratulations! deber ser todo un reto y seguro que si te lo han ofrecido es porque han visto un buen compañero para agregar al grupo.Felicidades.